Éxito da manifestación en defensa da Sanidade Pública e do Hospital da Costa en Burela

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera, que a Manifestación convocada o pasado sábado 26 de Xuño na Mariña Lucense pola Plataforma da área Sanitaria do Hospital de Burela en defensa da súa área e contra a deterioración dos recursos sanitarios, foi un importante éxito, xa que se sumaron á mesma máis de 7.000 persoas, o que supón unha nova e contundente mostra do rexeitamento da poboación galega aos intentos de destruír e privatizar o sistema sanitario público pola Consellería de Sanidade. O éxito é especialmente relevante por que se produciu a pesar dos múltiples intentos de intoxicación da opinión pública da área por a Xunta de Galicia e do Partido do Popular, dirixidos de desacreditar á Plataforma con información falsa e tendenciosa.

Esta manifestación súmase ás do Salnés, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Monforte e O Barco de Valderorras que sacaron a miles de manifestantes de todas as cores políticas á rúa en defensa da sanidade pública e contra unha política baseada en destruír a áreas sanitarias como espazo para a planificación e asignación racional e equitativa dos recursos sanitarios, despedir profesionais sanitarios, pechar servizos, paralizar a actividade dos hospitais pola tarde, eliminar os radiólogos dos servizos de urxencias hospitalarios, intentar cas ecografías sexan realizadas por técnicos de formación profesional, ou privatizar os novos hospitais e centros de saúde outorgando o seu financiamento, construción e xestión a empresas construtoras, aseguradoras privadas e bancos.

A Plataforma Galega e as organizacións que a integran advirten á Consellería e á Xunta de Galicia que seguirán promovendo manifestacións en toda Galicia ata que non cese a política de agresión e derriba do sistema sanitario público, para aforra gasto e beneficiar ao sector privado, polas graves e dramáticas consecuencias que isto pode ter para a saúde e o benestar da poboación

Comunicado da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo ante a continuación da ofensiva contra a sanidade pública de Vigo por parte da Conselleria de Sanidade que anunciou a construción de 8 novos centros de saúde por financiamento privado e de Núñez Feijoo que reiterou a intención da Xunta de financiar o novo hospital por esta fórmula (a pesar de os centos de millóns de sobre prezo), queremos comunicar á opinión pública:

1.-Que isto supón un desprezo e provocación á opinión maioritaria dos vigueses que mostraron reiterademente o seu rexeitamento a esta privatización dos servizos sanitarios da cidade de Vigo en dúas grandes manifestacións cívicas

2.-Que se pretende ampliar e estender a privatización aos servizos de atención primaria, medida na que novamente Vigo vai ter o triste privilexio de ser pioneira

3.- Reiteramos que esta fórmula multiplicará o custo dos centros sanitarios (o custo do Hospital de Vigo ascenderá a 1.470 millóns a pagar en 20 anos), o que hipotecará a sanidade en beneficio de construtoras privadas non só de Vigo senón de toda Galicia. Consideramos que isto algo incompatible no contexto dunha crise económica que está sendo utilizada para realizar importantes recortes no gasto social e nos dereitos sociais de toda a poboación.

4.- Manifestamos que o Sr. Núñez Feijoo e a Consellerira menten cando afirman que o financiamento e construción do novo hospital de Vigo pola Sociedade Pública de Investimentos duraría 15 anos xa que o Plan Económico Global aprobado pola Xunta de Galicia en febreiro de 2009 , contemplaba realizala en catro anos

Noticias de interese

Crónica3.com, 26 de xuño de 2010
El País, 25 de xuño de 2010

Noticias de interese

El País, 25 de xuño de 2010
Galicia, a la cabeza de la subida en gasto farmacéutico

Eco na prensa da redución de camas nos hospitais galegos durante este verán

El País El Sergas cierra 580 camas en los hospitales este verano‎

La Información.com El Sergas cierra 580 camas en los hospitales este verano

La Opinión de A Coruña El Servizo Galego de Saúde cierra en verano 580 camas

Xornal.com Farjas promete mantener la actividad del 92% de las camas 

20minutos.es El Servizo Galego de Saúde mantendrá la actividad del 92% de las camas

La Voz de Galicia Sanidade afirma que el 92% de las camas hospitalarias estarán operativas todo el verano

Manifesto conxunto das Plataformas do Barco, Verín, Burela e Monforte

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Monforte, Burela, O Barco de Valdeorras e Verín reunidas en Valdeorras o pasado día 3 de xuño queren manifestar a súa preocupación ante a intención por parte da Consellería de Sanidade de centralizar as gardas de radioloxía, deixando sen radiólogos de garda ao resto dos hospitais.

Novas fórmulas para reducir o déficit sanitario


Copago no: 'repago' y privatización ... por Gaspar Llamazares

Artigo de opinión extraído de ElPaís.es do 15 de xuño de 2010

Por si no fueran ya suficientes los discursos y las medidas de ajuste de los cirujanos de hierro que pretenden hacer recaer los efectos de la crisis económica sobre los ciudadanos y sus derechos sociales y democráticos, resurge ahora el manido debate del copago como fórmula milagrosa para la moderación de la demanda de servicios en el sector sanitario, ya que se reconoce que no incidiría de forma significativa en la financiación del sistema.


26 de xuño, manifestación pola defensa da sanidade pública en Burela

DECLARACIÓN DE BARCELONA SOBRE O COPAGO

FEDERACION DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

Nestes momentos en que o goberno de España impulsou un plan de austeridade con conxelación das pensións, rebaixa das políticas sociais, recorte de soldos ao funcionariado e demais traballadores e traballadoras do sector público, coa intención de alargar a idade de xubilación dos 65 aos 67 entre outras medidas restritivas contra as clases traballadoras, volveron a xurdir con máis forza as voces favorables á privatización de empresas e servizos públicos e a favor do copago na sanidade pública.

Contra da Xerencia Única ... por Pablo Vaamonde

Traballo na sanidade pública como médico de familia desde hai tres décadas. Desde os inicios escoito voces, da dereita económica e política, que anuncian a inviabilidade do sistema público, proclaman a necesidade urxente de cambios no financiamento e prestación de servizos e promoven novos modelos de xestión. O tempo amosa que a ameaza non é tan inminente. Outros expertos, menos alarmistas, destacan a eficiencia do noso modelo, que acada bos indicadores de saúde cun baixo investimento do PIB, en comparación cos países do contorno (Vicenç Navarro).

Noticias de interese

A Nosa Terra, 12 de xuño de 2010
Publico, 10 de xuño de 2010

Documento cunha das medidas de contención do déficit, publicadas no BOE

Documento cunha das medidas de contención do déficit, publicadas no BOE do 24/5/10, que esixe a avaliación previa polo Ministerio de Economía de Contratos de colaboración público-privada e de concesión de obra pública, que podería afectar aos proxectos de privatizar o financiamento e construción dos hospitais de Vigo e Pontevedra e centros de saúde

¿Y si el ambulatorio le cobra para que no vaya? ... por JOSEP GARRIGA

El copago de la sanidad gana fuerza para frenar la demanda más que por su impacto recaudatorio
 
Obligar al paciente a pagar parte de los servicios médicos ha formado siempre parte del debate público, pero la crisis ha convertido esta práctica -el copago- en una de las cartas en la baraja del recorte. Cataluña ha planteado abiertamente el copago sanitario con fórmulas de progresividad, Sanidad lo ha estudiado y los expertos proponen ya soluciones concretas.

Noticia de prensa

La Voz de Galicia, 4 de xuño de 2010
Diario de Ferrol, 9 de xuño de 2010

Comunicado da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública tras o éxito da manifestación no Barco de Valdeorras

A Plataforma Galega para Defensa da Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública e profesional de Galicia a súa satisfacción polo éxito da Manifestación convocada pola Plataforma do Barco de Valdeorras contra o peche da área sanitaria previsto pola Consellería de Sanidade , a eliminación de recursos médicos no hospital e en Atención Primaria e a supresión do servizo de radioloxía de urxencias.

Á Manifestación acudiron miles de persoas de todos as localidades da área e representes das Plataformas de Ourense, Monforte, Burela, Pontevedra e Vigo.
A gran afluencia cidadá na mesma, continuación das de Vilagarcia, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Monforte, vén demostrar, unha vez máis, o rexeitamento e preocupación da cidadanía galega coa política de privatización do sistema sanitario que se expresa de diferentes formas: redución do orzamento sanitario, parálise da actividade dos hospitais públicos pola tarde, desvío de pacientes aos centros privados, peche de servizos de radioloxía e laboratorio, supresión de servizos de radioloxía urxente ou financiamento e explotación privada dos novos hospitais e centros de saúde.

O que todas as áreas sanitarias estéanse sumando masivamente ao rexeitamento da privatización debería obrigar á administración a reaccionar abandonando a estratexia de derribo e privatización do sistema sanitario público que a poboación, independentemente da súa cor política, non está disposta a aceptar, e menos en tempo de crise cando se incrementan as necesidades de asistencia sanitaria.

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública ten previsto volver reunirse proximamente para analizar a situación e planificar novas mobilizacións ata conseguir o obxectivo de salvar o sistema sanitario público galego dos seus depredadores.

Manifestación no Barco de Valdeorras

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade pública quere mostrar o seu apoio á Manifestación convocada pola Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Barco de Valdeorras o vindeiro xoves día 4 de xuño ás 20 horas en defensa da súa área sanitaria, e do seu hospital público, porque isto supón, ademais dunha agresión á atención sanitaria dos cidadáns da área (que van perder xa o servizo de radioloxía de urxencias), un paso máis na deterioro e derribo do sistema público sanitario en Galicia.

A Plataforma Galega considera cas áreas sanitarias constitúen un pilar básico do sistema sanitario público, imprescindibles para poder planificar e asignar os recursos sanitarios de acordo ás necesidades e problemas concretas de cada territorio, para garantir a equidad na asignación dos mesmes e para a participación social na xestión dos servizos sanitarios públicos.

A planificación e o control social dos recursos sanitarios son incompatibles co mercado e a provisión privada, polo que o Partido Popular ás elmina nas Comunidades Autónomas onde goberna (en Madrid o PP goberno de Esperanza Aguirre eliminou todas as áreas sanitarias para dar entrada ao sector privado e ás multinacionais en competencia cos centros públicos).
Por iso consideramos esencial manter as áreas sanitarias, a mellora dos hospitais e o carácter totalmente público dos mismos

Representantes e membros das diferentes Plataformas Galegas para a Defensa da Sanidade Pública acudirán a esta manifestación.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol apoia esta manifestación e procurará estar presente nesta importante manifestación e chama a participación de toda a cidadanía nesta data tan importante. Entre todos e todas poderemos modificar o rumbo desta nave que vai a deriva ...

CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988